CAMPAÑA DE PRIMAVERA 2023

CAMPAÑA DE PRIMAVERA 2023
30 Mar 2023

Hai uns días que demos a benvida á primavera e a asociación de comerciantes do Ensanche, Santiago Centro, quere que a súa clientela teña un bo comezo da nova estación. Así é que poñemos en marcha unha nova campaña, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, para premiar a fidelidade no comercio local da zona nova de Compostela.

Se queres ser VIP esta primavera non deixes de utilizar a nosa aplicación, Santiago Centro Vip, e optarás a ser unha das persoas gañadoras dalgún dos 20 bonos de 50€ en saldo que sorteamos na app polas compras que rexistres no comercio adherido á mesma no período comprendido entre o 29 de marzo e o 29 de abril.

O día 1 de maio realizarase o sorteo mediante a propia app e se eres das persoas afortunadas verás como os 50€ do premio aparecen na túa conta de saldo. Despois, só che queda gastalo no período comprendido entre o 2 e o 31 de maio, sempre presentando a app cando vaias exercer o teu pago no comercio. Moita sorte a todos!!!